Pregunta del PSG-PSOE sobre el TDAH en el Parlamento de Galicia.

Estimados colegas, Manuel Fernández Blanco nos trasmite la pregunta sobre el TDAH del grupo parlamentario del PSG-PSOE que próximamente va a ser planteada en el Parlamento de Galicia. Cabe destacar una buena manera de tratar políticamente los síntomas actuales. Sería muy interesante que cada uno estuviera atento y recogiera noticias de este tipo a las que los practicantes del psicoanálisis se pueden referir y a partir de las cuales se puede debatir.

Saludos cordiales, Carmen Cuñat

_____________________________

A MESA DO PARLAMENTO

Carmen Acuña do Campo. Modesto Pose Mesura, Miguel Ángel Fernández López e Beatriz Sestayo Doce, deputadas e deputados pertenecentes ao Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 do Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa a seguinte Pregunta para a súa resposta por escrito.

O Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH), é un cadro clínico tipificado na Clasificación diagnóstica e estatística de trastornos mentáis (DSM-IV), e na Clasificación internacional de Enormidades (C1E-10); as súas manifestacións clínicas interfiren de modo notable nas posibilidades do neno no medio escolar, perturban o ambiente familiar e as relacións con iguais. Neses casos a medicación é útil, e os seus efectos son beneficiosos en moitos casos.

O problema xorde en que, segundo advirten os psiquiatras e psicólogos, os criterios, sobre lodo os do DSM, son coincidentes e poden confundirse (cousa que os médicos emenden ben) con outros cadros, como o CI límite, autismo, depresións graves, trazos temperamentais, discapacidade intelectual e cadros neurolóxicos.

Isto vese agravado porque aos orientadores escolares lles faltan medios en moitos centros para levar a bo termo un diagnóstico diferencial.

Isto está a levar, segundo advirten os profesionais e pon de manifestó a diversidade de prevalencia en distintos países, a unha posible situación de hiperdiagnóstico, e en consecuencia de hipertratamento.

Nos Estados Unidos, a prevalencia é do 6%, e os nenos medicados suponen o 17% (unha
alta porcentaxe negros, chícanos e hispanos).

Nos Países Baixos, en 2008 un 34% dos nenos entre 5 e 15 anos (750.000 nenos), recibían medicación. Pola contra, Finlandia, que é o primeiro país en calidade da ensinanza segundo o informe PISA, ten uns índices de medicación 22 veces menores que Islandia e 8 veces menores que Noruega.

En España o índice de prevalencia (calculado), é do 8% (o DSM sitúao entre o 3 e o 5%).
Tal disparidade de datos, moitos deles en países moi similares, pon de manifestó un problema no diagnóstico e no tratamento farmacolóxico

A posibilidade de hiperdiagnóstico do TDAH en España foi advertida no último informe da Comisión de Dereitos do Neno da Unesco, do outono 2010.

Nas observacións fináis sobre España, dentro do apartado de saúde e o acceso aos servizos sanitarios, nos puntos 48 e 49 dise: “O Comité expresa lamen a súa preocupación pola información que indica un aumento, no período corto, na prescrición de psicoestimulantes a nenos diagnosticados con un Trastorno por déficit de atención e hiperactividade (TDAH)... O Comité recomenda do Estado parte que examine coidadosamente o fenómeno da prescrición excesiva de medicamentos aos nenos e adopte iniciativas para proporcionar aos infantes diagnosticados de TDAH, e outros trastornos do comportamento, así como aos seus pais, nais e mestres, acceso a unha ampla gama de medidas e tratamentos educativos e psicolóxicos."

Estas deputadas e deputados desexan coñecer a situación en Galicia, polo que formulan estas preguntas para a súa resposta escrita:

1.) Cal é a prevalencia do Trastorno por déficit de atención e hiperactividade entre os nenos galegos?

2.) Cal é a porcentaxe de nenos galegos tratados con fármacos TDAH, Metilfedinato e Atomoxetína?

3.) Cal foi o gasto nestes medicamentos por parte do Sergas nos anos 2008.2009,2010 e 2011?

4.) Considera a señora conselleira que existen en Galicia suficientes equipos de orientación específicos (EOE) e orientadores psiconeuroióxicos nos centros, e disponen estes do material adecuado?

Pazo do Parlamento, 15 de febreiro de 2012
Asdo.: Carmen Acuña do Campo
Modesto Pose Mesura
Miguel Ángel Fernández López
Beatriz Sestayo Doce
Deputadas e deputados do G.P. dos Socialistas de Galicia

Asinado dixitalmente por:
María del Carmen Acuña do Campo na data 16/02/2012 12:10:18
Modesto Pose Mesura na data 16/02/2012 12:10:21
Miguel Ángel Fernández López na data 16/02/2012 12:10:24
Beatriz Sestayo Doce na data 16/02/2012 12:10:29